Logotipo de Rural Consulting
Banner Empresa
 

Difusora de Letras, Artes e Ideas, SL

Difusora de Letras, Artes e Ideas, SL é unha empresa editorial con sede en Ourense, nacida para a creación, promoción e difusión de todo tipo de produtos culturais en calquera soporte.
Está constituída por profesionais relacionados co mundo do libro e da edición; polas súas mans teñen pasado boa parte das cuestións culturais en Ourense e en Galiza nos últimos anos, e varios deles son responsábeis da edición de libros de todo tipo, como os relacionados co Outono Fotográfico, a Bienal de Gravado Caixanova, a Bienal da Caricatura, o Festival de Cine, os Concursos de banda deseñada, a colección Auria do Concello de Ourense, o Premio Ourense de Contos…
A intención da Difusora de Letras, Artes e Ideas é ofrecer unha nova perspectiva no sector editorial galego, con publicacións alcanzábeis, atentas á realidade cultural e social de Galiza, e coidadas e rigorosas do punto de vista lingüístico, gráfico e editorial no seu sentido máis amplo.
A empresa abre ademais os seus servizos ás producións editoriais para institucións e ás de autor.

 

CONTACTAR: Enderezo: Rúa Bedoya 5, 2º 32080 Ourense.
Teléfono: 88222244



WEB: www.difusora.org

 
Volver a Colaboradores Voltar a Colaboradores
 



¿Por qué RC?
 
Cómo Traballamos
 
Onde Traballamos
 
Contactar
 


RC actualidade

RC Colección de Enlaces e Recursos

RC Colaboradores

    aviso legal
Zona Privada   Por @inet Consulting...