¿Por
qué Rural Consulting?
Os concellos en xeral, e os rurais en particular,
son unha peza fundamental para o desenvolvemento
socioeconómico local; en moitas ocasións,
grazas a eles os cidadáns poden acceder á
formación, á cultura ou ó emprego. Actúan
como auténticos motores da economía local,
buscando novas alternativas, pondo en marcha
experiencias exemplarizantes, abrindo camiños.
En definitiva, fuxen da vella e trasnoitada idea
dos concellos como xestores administrativos e
asumen riscos con valentía. Máis por desgracia,
en moitas ocasións, os orzamentos municipais non
permiten contar cunha plantilla de técnicos en
todas e cada unha das materias que se pretenden
abordar.
Rural Consulting é unha idea que nace no rural
galego co obxectivo de servir de apoio aos
pequenos e medianos concellos no seu papel de
axentes de desenvolvemento local. Despois de anos
traballando coa poboación rural, os técnicos
que hoxe conforman esta empresa decidiron aunar
forzas para crear un equipo multidisciplinar
capaz de abordar un amplo abano de áreas de
traballo.
Cómo traballamos
Acompañamos e Asesoramos aos nosos clientes na
realización dun proxecto desde o inicio ata a
avaliación do seu impacto, unha vez rematado.
Avaliamos a viabilidade da idea que se pretende
por en marcha, redactamos os estudos ou proxectos
necesarios, apoiamos a busca do financiamento
necesario e poñemos, a disposición dos
concellos, os profesionais que poden facelo
realidade.
Onde traballamos
Aínda que principalmente desenvolvemos a nosa
labor directamente cos concellos, tamén
colaboramos con asociacións e entidades
públicas ou privadas ubicadas, preferentemente,
no medio rural.
Colaboracións
Rural Consulting S.L conta tamén con
programas e produtos propios ou en asociación
con outras empresas. Un dos obxectivos de Rural
Consulting, desde o seu inicio, foi crear unha
rede de pequenas empresas e profesionais que nos
permitise ofrecer un servizo rápido, integral e
de calidade aos nosos clientes.
Ver
empresas colaboradoras
Contactar
Para contactar con RC podes empregar o
seguinte formulario ou enviar unha mensaxe a info@ruralconsulting.net.
|