Logotipo de Rural Consulting
Banner Actualidade
Rural Consulting en cooperación con Mozambique
 

Rural Consulting S.L está a desenvolver un proxecto de COOPERACION INTERNACIONAL en colaboración coa AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE MAPUTO (capital de Mozambique) denominado "Promoción da saúde en comunidades de economía fráxil" ampliar nova...

Obradoiros Infantís APRENDER XOGANDO

Nas vacacións, cando non hai escola, e pais e nenos buscan actividades para o tempo libre, Rural Consulting pon en marcha Obradoiros Infantís en distintos concellos co obxectivo de  proporcionar aos nenos/as  un espazo onde poder aproveitar o tempo de lecer aprendendo dun xeito ameno e participativo,  intentando estimularlles a creatividade  e  fomentando as actividades de grupo.

Vilar de Santos recupera a antiga ALDEA de SAA

O Concello de Vilar de Santos, en colaboración con RC, está a recuperar a antiga aldea de Saa. Na actualidade, un total de 24 alumnos traballadores do Obradoiro de emprego “Aldea de Saa” realizan os traballos de recuperación de rúas e espazos públicos. Iniciáronse tamén as obras da cantina rural, financiadas pola Dirección Xeral de Turismo, e emprededores privados están xa a redactar os proxectos necesarios para as outras actuacións.

ENCONTRO EUROPEO DE XOVES EN SAN XOAN DE RIO
Media Youthful for the Integration - Do 20 ao 30 de Outubro na Alberguería Os Biocos da Vía Nova - Proxecto de integración social, no que participaron 38 xoves, nativos e inmigrantes, de 6 países: Letonia, Polonia, Italia, Bélxica, Portugal e Galicia, e tiveron a oportunidade de realizar un obradoiro do audiovisual, aprendendo as técnicas cinematográficas para rodar unha curtametraxe - Upside Town - ao final do encontro, que será difundida en tódolos países participantes.
 
 
 
 
 



¿Por qué RC?
 
Cómo Traballamos
 
Onde Traballamos
 
Contactar
 


RC actualidade

RC Colección de Enlaces e Recursos

RC Colaboradores

    aviso legal
Zona Privada   Por @inet Consulting...